SIGN IN

No Inscribirme account yet?

SIGN UP

E-mail or password not valid
Try again or click Forgot your password link.

SIGN IN CREATE EVENT

Do you alrady have an Inscribirme account?

SIGN IN
 
IV Ruta BTT dos Aguillons e II Andaina/Carreira a pé polo Mazanteu

Concello de Cariño

11€ - 13€

register


Description

-INTRODUCIÓN

Dende o Clube Ciclista Cariño convidámosvos a IV Ruta BTT dos Aguillóns e II Andaina e Carreira a pé polo Mazanteu, que terán lugar o vindeiro Domingo 29 de Setembro no Concello de Cariño.

Contaremos con dous percorridos para a BTT cás seguintes distancias a elexír; 35 e 23 Km´s. Os desniveis positivos acumulados para ambas distancias serán de 1100 e 760 metros respectivamente.

Nesta ocasión realizaremos ademáis  II Andaina e Carreira a pé polo Mazanteu, de 12,5 Km´s e 500 metros de desnivel positivo acumulado, para aqueles acompañantes e tódalas persoas que se queiran unir a desfrutar da natureza o vindeiro 29 de Setembro polos montes de Cariño.

Tanto a marcha BTT como a Andaina e Carreira a pé poderánse facerse en velocidade libre, xa que se encontrarán completamente sinalizados os percorridos. 

A saída terá lugar diente da casa do concello, onde tamén estará ubicada a meta.

As horas de saída serán as 9:30h para os participantes na marcha BTT, e as 10:00h para a os da Andaina e Carreira a pé.

PROGRAMA

28 de Setembro

19:00 a 21:00 – Entrega de dorsais no edificio da Casa do Concello.

29 de Setembro

8:30 a 9:20 – Entrega de dorsais para a BTT e Andaina/Carreira a pé no edicicio da Casa do Concello.

9:30 – Saída da IV Ruta BTT Dos Aguillóns dende a Casa do Concello.

8:30 a 9:50 – Seguimos ca entrega de dorsais para Andaina/Carreira a pé no edicicio da Casa do Concello.

10:00 – Saída da II Andaina/Carreira a pé polo Mazanteu dende a Casa do Concello.

11:30 – Apertura das duchas no Pavillón de deportes.

13:00 – Protocolo de entrega de trofeos na zona de concentración.

14:00 – Peche de meta.

-PARTICIPACIÓN

É OBRIGATORIO realizar a inscrición pertinente, que inclúe:

  1. Dorsal.
  2. Servizo de vestuario e duchas.
  3. Lavado de bicicletas.
  4. Dereito a abastecemento en avituallamentos e pincho final de proba.
  5. Seguro de accidentes durante o transcurso da proba.
  6. Obsequio para cada participante.
  7. Optar a trofeo si es:
  • Participante máis novo/a.
  • Participante máis veterano/a.
  • Clube ou grupo máis numeroso.

Cada participante estará cuberto por un seguro de R.C e accidentes durante o transcurso do evento. Será preciso ser maior de 12 años (xa cumpridos o día da proba) para poder participar, estar acompañado por un adulto que se faga responsable en todo momento do menor e firmar o documento de autorización pertinente no momento de retirar dorsal.

Agradecemos encarecidamente a colaboración de tódolos participantes no coidado do medio ambiente utilizando as bolsas de lixo dos avituallamientos para depositar desperdicios.

-AVITUALLAMENTOS

Contaremos con polo menos dous avituallamientos sólidos/líquidos durante o transcurso da proba, podendo engadir algún máis extra se as condicións meteorolóxicas así o reclaman.

-PREZOS:

Ruta BTT: 10€ (O prezo incrementarase en 3€ a partir do día 24 de Setembro).

Andaina e Carreira a pé: 8€ (O prezo incrementarase en 3€ a partir do día 24 de setembro).

-ACEPTACIÓN, RESPONSABILIDADE E SEGURIDADE:

A inscrición compromete ó participante á aceptación deste regulamento e atender ás indicacións da organización, respetar o medioambiente e o código de circulación vial, renunciando a calquer procedemento legal contra a organización derivada da súa participación. Ademáis, asegura que se atopa físicamente apto para afrontar o percorrido e non ten ningún impedimento físico nin psíquico que lle impida realizalo.

Autoriza a organización a divulgación de imáxes e filmacións videográficas realizadas durante o transcurso do evento.

A organización ríxese polas normas de tráfico vixentes e cada participante debe cumprir as Normas do Código de Circulación en estrada, considerándose persoalmente responsables de tódalas infracións que poidan cometer tendo en conta que o tráfico estará aberto nas zonas que transcurran por estradas.

O participante debe ser consecuente e modesto consigo mesmo e valorar a posibilidade de retirarse se cree que a actividade física durante a proba excede os seus límites. A organización non se fai responsable dos danos ou deterioros ocasionados nos obxectos personais (tlf móviles, bicicleta, etc.) ante un posible translado do participante a meta nin tampouco na zona de consigna habilitada para o evento.

O equipo médico da organización terá a potestad para retirar a calquer participante da marcha cando se considere que a súa saude está en perigo. A organización non se fai responsable de ningún accidente do que puidera ser causa ou víctima o participante, como tampouco se fai solidaria dos gastos nin as deudas que puideran contraer os participantes durante o evento.

A organización reservase o dereito de realizar as modificacións que considere precisas, así como a suspensión da proba si as condicións meteorolóxicas o obrigan ou por causa de forza maior. A política de cancelación da proba por causa de forza maior está exenta de devolución. En todo caso, postporase a celebración noutra data pactada pola organización e valorarase a devolución do importe da inscrición a quen así o solicite.

Nos casos de cancelación por parte do participante terá dereito a devolución total do importe da inscrición se o notifica nun prazo de, polo menos, 15 días previos á proba. Se a notificación comunícase na última quincena ata as 48 horas previas á proba devolveráselle o 50% da inscrición. Calquera solicitude realizada despois deste período non terá dereito a ningún tipo de devolución.

Será obrigatorio o uso do casco protector na marcha BTT.


CDM Xesteiras
CDM Xesteiras
CDM Xesteiras
CDM Xesteiras

Detalles

Location

Concello de Cariño
Av/De la paz 2, 15360, Cariño, ES
View Map

Price

11€ - 13€

Remaining tickets

0

Add to calendar

register

Share


Refund Policy:

View

Mapa

Registration not available

Registration for this event have ended.

Registration not available

Registration for this event have ended.

APP

Download our APP

 

OTHER BRANDS

Ticketerum
Formslaand
Spaces for Events

We customize the registration and ticket sales platform 100% for you

© 2017 - 2026 Inscribirme